Ânxa's profilechorradas existenciaisPhotosBlogLists Tools Help

Ángela

Occupation
Interests
crazy, lazy, dizzy I want some more...

chorradas existenciais

pura intimidade pública
Photo 1 of 9
2/3/2006

las niñas bonitas en samarkanda...

en samarkanda nada es real, non, xa nada é real nin en samarkanda nin en ningures... apeteceme un té con mel e limón, algúns agarimos mimosos sen palabras, de un descoñecido coñecido, que me veña rescatar dende o pasado máis presente para perturbar o futuro más ausente, ou que me veña buscar dende o inesperado futuro para resistirme canto máis poda ás sús maldades á beira do mar, sucumbiremos xuntos. poesía barata. rubbish. eu non son poeta nin o quero ser... las niñas bonitas no pagan dinero, yo no soy bonita ni lo quiero ser, las niñas  bonitas se echan a perder...  volverei para deixalo todo como estaba, non vou cambiar nada, sólo vou ver, verte, por última vez, cando ainda eramos felices axenos a todo menos a nós... é tan triste olvidar, pero tan fácil, xa que olvidar é un proceso natural, o dificil, o desafío, é recordar, recordar require ese pequeno,as veces non tan pequeno, esforzo... pero é tan fácil olvidar... no olvido non hai dolor... é tan fácil olvidar!!!
o é?
 
 
1/28/2006

xiros

pois a vida da voltas e voltas e veña dar voltas... e cando crees que xa máis voltas non pode dar, ainda quedan unhas cantas.... pois a miña vida pode que dea outro xiro deses inesperados... teño que esperar un pouco para sabelo, pode que en marzo comece o xiro ou pode que en marzo se deteña, quen sabe? xa falaremos disto mais adiante...
1/22/2006

The Stiffy Dart

Xa estamos de volta outra vez a esas grandes noites en que todo, a medida que a cantidade de alcohol vai aumentando, se vira máis e máis subrealista... ecántanme!! O que empezou con unha cea de colegas, compañeiros de traballo e colegas-amigos, acabou na invención dun novo xogo. Curiosamente non consiste en que o que perde bebe!! as reglas son moito mellores e máis divertidas e o que quere bebe e o que non non, pero se se xoga, se xoga! Creo que non vou poñer as normas aqui por medo a ferir os sentimentos de alguén, e non quero. Direi os ingredientes:

- unha diana e uns dardos

- unha baralla de cartas NAKED!

- roupa...

- e deixar a vergoña, a dignidade e a seriedade na casa (ou fora dela)

 

Creo que xa dixen de máis...

 

1/20/2006

silencio II

a noite rompeu o silencio
berrou ben forte
...
...
...
dixo:
por nunca xamais quererás acariciar as cordas
1/17/2006

silencio

...
bonita palavra
extraño sentimento
...
1/16/2006

teño que coidarme un pouco menos...

porque se teño que aguantar tanto tempo nesta vida dando voltas de acó para lo... xúrovos que morro antes!!!
 
<a href="http://www.nerdtests.com/ft_dead.php?im">
<img src="http://www.nerdtests.com/images/ft/dead.php?val=5636" alt="I am going to die at 71. When are you? Click here to find out!"> </a>
 
 

na fin de semana II

na fin de semana bébese, o LK que trouxen do mosquito non dura eternamente, pero cando o mezclas con cervexa e xinebra... a resaca parece que si dura eternamente.
volvín facer das miñas... refírome a andar na bici con un pedal ou dous, ia co Robert pola acera, sen luces e bébedos coma os peixes do rio... parounos a policia... poñede as luces, ide pola carretera... menos mal que non nos fixeron soplar!! reventariamos o chirimbolo. para min xa é a segunda vez que me para a policia, unha por falsa acusación de roubo, de roubpo menor... e esta.
e nada, agora agonizo e intento recuperarme... vou pa cama... maña empeza unha semana nova.
deica.
1/14/2006

na fin de semana

teño que ir facer a compra e non me apetece...
teño que preparar as clases e ainda me apetece menos...
 
1/10/2006

suspiro de cabreo

ja! a peña o flipa e moito... eu xa paso...
1/6/2006

mañá máxica de reis magos

jooooo... pois moi mala non debín ser porque ¡¡¡CHEGARON OS REIS MAGOS A YORK!!! pois si... o regalo non estaba nos zapatos, pero estaba, estaba entre a roupa medio abandonada e revolta na maleta, resistíndose a volver a rutina da vida en York... pois ata chorei da emoción de atopar un pequeno regalo inesperado esperando por min... non hai palabras, so bágoas de alería, de emoción e de saber que unha nai, a única que se ten sempre está aí... joooo que ben!! que detalle!! que ... que... todo... non tenño palabras

noite de reis

 é a primeira vez que non vou ter regaliños de reis.. será que non fun boa este ano... ?? deixarei igualmente os zapatos ben limpiños e moi cerca da ventá...
1/5/2006

acabouse a boa vida...

Ai, xa estou de volta en Iork... que desgracia de viaxe.... dende que me erguin tarde de máis e tiven que facer en 20 mins o que tiña pensado facer en hora e media... logo case duas horas de retraso para sair de Compostela... o voo fixoseme eterno e pensei que fora eu que xa estaba farta de estar ali no aire suspendida coma por arte de maxia... pero non a xente toda dicia que tardaramos de mais, media hora de mais... en consecuencia xa podedes imaxinar que perdin o tren para ir pa casa, por sorte o billete vali para calquera tren asi que puiden coller un tren e logo outro e logo un bus urban que da máis voltas que unha peonza ata que as 10 e media da noite (hora britanica) aterrei na miña casiña onde os meus chineses me recibiron...parecian alegres e todo, seguro que ata me botaron de menos... non o creo... pero non todo ia a ser malo, houbo unha cousa boa, vin anoitecer dende o avion... foi moi bonito, nunca vira atardecer dende o avión, é longo e moi horizontal, logo fíxose de noite e vianse todas as luceciñas das casas e dos coches... molou moito. Pero bueno, case preferia non velo e chegas as 7:30 a casa coma tiña pensado!!
Pois nada que coma xa estou por aqui supoño que escribirei mais cousinhas máis amiudo...
(perdoade que me deixe acentos no camiño, hoxe ando atontada) e me vou pa cama xa!!
beijinhos!! (nos fucinhos para alguen que me sei eu....)
12/15/2005

see you later britain!!

yeah yeah yeah!! i'm going home!! nice... de volta a terriña, so nice... teño ganas de vervos a todos e a todas e have lots of fun with you all... bueno, tou empaquetando mi stuff, empezo a viaxe hoxe de madrugada, espero non perder ningun tren nin nada, nin quedarme durmida por ai nunha estacion no medio de inglaterra... fuck, i wouldnt like that!! en fin, que volvo a casa por nadal... que non é a big deal pero mola ver a xentiña e pasalo ben
en fin, que nos vemos!!
12/14/2005

farangullas

farangullas...

farangullas son moitas cousas...

farangullas é que comín brecol polo meu propio pe... bue pola miña propia boca, haha, valia 19 p e era fin de mes, todo vale

farangulas é que a verdade é que estaba bo

farangullas e que me apetece ir a casa

farangullas é que non me apetecía escribir

efarangullas e que se me jodeu o portatil e xurei amor eterno... jaja.... ever lasting love, xa que o amor é eterno mentres dura

farangullas é que fumi un mentolado... en realidade un par deles

farangullas e que Ayako marcha for good! I'll miss her very much

farangullas e que estou invitada a ir a Tokio

farangullas é que ainda que nin a persoa que ten que entender esto o vaia a ler nin a entender nunca na vida me jode que non diga ina bit! xa sabe quen é ainda que nunca o saberá

farangullas son moitas cousas

farangullas farangullas farangullas

teñome que erguer cedo

farangulas é que Londres foi xenial

farangullas e que Manchester sempre é xenial

farangullas é que Sheffield foi xenial xenial

farangullas é que vos espero en Iork...... si, vos espero a todos e todas!!

farangullas sodes todos os que formades formachede e formaredes parte da miña pequena vida

farangullas grandes e importantes que coidades de min e que coido, intent, de vos

farangullas é que son coma o turrón

farangullas fan cóxegas na alma e fanme rir sempre

farangullas farangullas farangullas farangullaaaaaaaaaaaaaaaaaaaaaaaaaas

F-A-R-A-N-G-U-L-L-A-S

farangullas a partires do 16..............................................

 

 

11/27/2005

son alcoholica?

Atacando de novo dende a soedade do meu castelo... o meu castelo afastado do mundo onde os domingos son máis domingos ca nunca. Levo dous días de resaca... con este sabor a .... mmmm.... cervexa metalizada... Onte cando viña pa casa non moi tarde xa que tamén sain antonte e a verdade é que os anos pasan e deixanse notar... unha parella de policías paráronse a falar comigo, qué gracia! pois si, pero eu non estaba incumprindo ninunha lei nin fumando sustancias ilegais nin nada polo estilo, é que non me sentía eu en condiciós de subirme na bici e pedalear, ainda tiña a cervexa a medio camiño... asi que ala ia eu empurrando da bici e eles xusto diante miña e nada, antes de me dar conta xa estaban a falar comigo, dicindo algo sain como que en teoría tiña que ir subida nela, ao qiue eu lles contestei nin cota nin perezosa que ainda estaba algo peido como para subir nela... qué collóns! eu non sei se o creeron ou que pero polo menos fixenlles rir. Asi que aprobeitando a ocasión pergunteilles se estes dias ca novedade do novo horario tiñan máis curro ou que, dixeron que non, que a xente virarase un pouco tola pero que todo ven"nothing that we can't handle" qué sobraos! bah, en ealidade tampouco é para tanto, digo eu! A maioría dos pubs o que fan e abrir unha horiña máis... e por suposto deguen a tocar a campá. Iso si, as tradicións non as perden nin de coña. Por certo, falando de tradicións, ue, isto non é tradición pero é lei, que npn sei se será peor... hai unha lei aqui en Iork que di que se un de Iork está subido na muralla e ve un escocés achegarse pode matalo... animaliños!! Ale, xa esta coma sempre empezo a falar dunha movida e me perdo polo camiño e acabo falando de calquera outra cousa!
O que dicía eu dos domingos e da resaca... pois que estou ata o cu da cervexa... teño ganas de unha boa copa de licor do negro cafe... en serio, o boto tanto de menos... xuro que a volta das navidades vou traer polo menos un par de botellas... ademais tamén teño ganas de tomar un bo ron con limón... mmmmmm.... e iso que estou de resaca!! só pensar na cervexa se me pon o estómago do revés pero pensar no LK ou nun bo ron... faiseme a boca auga!!
Pero en menos de un mes estarei na casa... por un breve periodo de tempo pero suficiente para dar guerra!!
En fin... teño que preparar a miña semana... isto de ser profe... joe!
chau!!
11/25/2005

new drinking law

O que hai que oir... mira ti, estes ingleses deciden cambiar a lei... ¡a boas horas! seica isto de deixar de vender bebidas alcoholicas ás 11 da noite ven dende o ano 1915, en fin, pero "el frotar se va a acabar" xa que dende antonte xa poden vender alcohol as vintecatro horas do dia!! hurra por eles! Eu o que digo é que é probable que os primeiros fines de semán sexan bestiais... eu vou comprobalo hoxe. Non sei se os que non estades neste pais vos dades conta do que esto significa, pero o de que se deixe de vender alcohol as 11 da noite... trae bastantes problemas, xa algunha vez experoimentados nas miñas propias carnes. Exemplos, botellón... horas intempestivas da noite... acabase a bebida... ¡merda! e agora a onde imos?? alguen sabe onde estan os pakis?? non!! pero o 24 horas mais cercano si... problema: xa non se vende alcohol...  Dia que saes de marcha pero non tes un can, decides ir de pubs que son mais baratos que os clubes pero... xa son as 10 da noite...so tes unha hora para beber!!! e entrar nun clube... son demasiado caros e a finais de mes... prohibitivos. Eu so lle vexo ventaxas a esta nova lei, sí por fin poderei sair cando me dea mais ou menos a gana e non ter que adapterme tanto a estes horarios tan raros que teñen os malditos ingleses....
Ainda asi.. hai xente que ten que decir.... véxase:
"A las voces críticas se ha sumado el suegro de Tony Blair. Tony Booth declaró al Daily Mail que se trata de una decisión «atolondrada y peligrosa» y que no equiparará a Inglaterra con Europa. «En este país no bebemos así. Bebemos de forma más primitiva y espantosa, para emborracharnos». Booth no debió de brindar anoche."
saqueino da La voz de Galicia do dia 24 de novembro, para máis info... aí vos deixo o link...
 
Pois nada eu espero asistir hoxe a transformación dos ingleses e inglesas, medo me da xa que como todos sabes, os que o sabedes, víranse toliños de todos en canto lles pos unha pinta diante...
Xa farei unha crónica dunha borrachera anunciada...
Deica meus e miñas!!
11/22/2005

por cortesía de Miguel, de Miguel de Cervantes

Fernando Pessoa
 
 
    O abismo é o muro que tenho    
O abismo é o muro que tenho 
Ser eu não tem um tamanho

 

 

 

      Alberto Caeiro

 

O que Ouviu os Meus Versos 
O que ouviu os meus versos disse-me: "Que tem isso de novo? 
Todos sabem que unia flor é uma flor e uma árvore é uma árvore. 
Mas eu respondi, nem todos, (?.......... ) 
Porque todos amam as flores por serem belas, e eu sou diferente 
E todos amam as árvores por serem verdes e darem sombra, mas eu não. 
Eu amo as flores por serem flores, diretamente. 
Eu amo as árvores por serem árvores, sem o meu pensamento. 
11/17/2005

xa é mala sorte...

Hai que foderse, un ano que boto fora da casa e parece que todo o interesante ocorre por ai... poi si, seica o Xabi toca en BODRIO!! non o podo creer, e eu non estou ai pa protexelo nese sitio fora da lei, onde todo vale!! non é xusto... jooooooooooooooooooooooooooooooooooooooooooo!!! en fin! bue, sólo espero que non llles pase nada!! jeje!! e que o disfruten...
11/13/2005

podería titulalo "café"

...esta ben iso de "falar" coa xente que fai anos que non o fas ou que, en realidade nunca falaches de verdade, e descubrir que algunhas cousas que nunca chegaron a pasar foron verdade... foron incluso máis verdade que a pura realidade...
11/12/2005

ir na bici con un pedal

ehhehehe, atacando de novo, onte sain, sain de verdade, de amarrala bastante boa. E iso que pensei que ia ser unha noite, bah, normal. Pero paseino en grande. Saimos o Robert e máis eu, quedaramos con unha rapaza que celebraba o cumple dunha colega pero non deu sinais de vida ata bastante tarde, asi que a noite a empezamos os dous solos pero a rematamos con máis xente e falando con todo dios, foi guai! Pois logo de tomarlle unha pinta nun sitio algo tranquilo, pa calentar motores, fomos a un sitio que se chama The Gallery, que de estar en Santiago ou en calquera outro sitio que eu frecuente ali na Galiza, creo que na vida poría un pe nel... pero non estivo mal, pinchaban hip hop e sai.... aaaaaaaaaaaaaahhhhhhhhh!!! DIOS!!! xa non me lembraba!!CHEGOU O RAGGAETON, tios, que pincharon esa da GASOLIIIIIINA!!! buah!! cando empezou a soar non o podia crer, xa non sabia se chorar, rir ou que!!moi forte, moi forte. Non sei, eu que de hip hop pouco sei e non coñecia moitas canciós e pa unha que coñezo é esta merda, a vida as veces e moi triste... E que máis.... mmmmm pois nada, que o divertido tamén foi a hora de voltar para as nosas casas, claro, como vivimos no cu do mundo e agora eu xa vou a todas partes na bici, pois de marcha tamén vou na bici, a volta, buah! viñamos medio peido, é foi moi divertido, menos mal que non habia moito trafico porque viñamos nas bicis facendo unhas eses tremendas, cruzamonos ca polizia e xa pensaba eu que nos ian decir algo pero non, pasaron de nos... É toda unha esperiencia ir con un pedal na bici, eu nunca conducira nungún vehiculo neste estado (cando o Fernando da autoescola me fixo conducir despois de ir de cortos non conta, que non ia tan mal!) e, si, é certo mellor non conducir se bebiches... ainda que teño que decir que é probable, moi probable que eu siga saindo ca bici... e volvendo pa casa asin... a verdade é que teño a opción de que se vou moi mal baixar dela e empurrar e xa...
bue, por hoxe chega, que teño que facer!!
11/10/2005

o xeonllo esquerdo agora é azul

Pois hoxe esmaguei o xeonllo esquerdo da maneira máis parva, que non vou contar aqui por vergoña... en fin, doe un güevo, sobre todo cando vou na bici, pero é soportable...bue, esta é a novidade do dí, que teño un xeonllo azul, e algo vermello polo centro, con rabuñazo e todo. É probable que maña sexa violeta e de aqui uns dias verde, xa sabedes como son estas cousas...
Ale, vou traballar un pouco. Deica meus e miñas!!
11/8/2005

un dia destes dame algo...

Aqui estaba eu escribindo unha mensaxe contando catro cousas, pero catro cousas longas, eh, non vos pensedes que ocupaban unha liña cada unha, non non... era un texto ben longo. E digo era porque eu non sei moi ben que foi o que pasou pero ¡¡esfumáronse!! Vaime dar algo, a nova tecnoloxía non é para min.... aggg
Bue, pois agora vos conto outras cousas, que as de antes non me apetece volver a contalas... Onte fun a un pub que hai non moi lonxe da miña casa, non sabía moio ben onde estaba asi que foi un pouco disa chegar, pero cheguei. O caso e que o assistant alemán, Robert, me dixo que ia co seu landlord (o caseiro, para os paganos) a unha especie de quiz ou algo asi,vamos, que neste pub xogan a algo parecido ao trivial, en grupos e iso e o premio e ¡¡cervexa!! estes ingleses non saben máis que beber... O caso é que o landlord, JV, de aqui en diante, deume as instrucciós pa chegar por teléfono, en inglés claro... é difícil o inglés por teléfono, a verdade... Pois ala fun eu coa miña bici a escudriñar a noite... cheguei, cheguei, nunca saberei como pero eu cheguei. Pois nada tomei un par de pintas e xogamos ao quiz este de marras, como a maioría das preguntas eran sobre rollos de inglaterra, en plan persoaxes coñecidos aqui pero non fora das fronteiras saxonas... o Robert e máis eu nin idea... bue, acertamos as de common knowledge, que xa é bastante... pero nada, non gañamos nin unha pinta gratis... en fin... quizais o próximo luns, se volvemos temos máis sorte... O que non sei eu e se serei capaz de chegar outra vez ao sitio...hehehe... que odisea, o maldito pub esta ben escondido!!
Por certo, gracias aos que aportades algo á nosa intimidade compartida... e os que ainda non deixastedes nada... saudade polo menos,que me fai ilusión... e se queredes podedes agragar fotos aos vosos comentarios e tal...
Bueno, pois un bicazo ben grande para cada un de vos...
Vémonos!!
11/5/2005

un dia mais... pero con bici!!

Ola!! escribo hoxe tamen, dous dias seguidos!!isto é pola novidade non vos pensedes que vai a ser asi sempre, eh! bueno, pois xa tenho bici!! é xenial, pensaredes que por que me fai tanta ilusión. Pois bue, a verdade é que ilusión non é que me faga... pero neste pueblo é moi necesaria, xa que o bus e carisisimo e vivo un pouco afastada do centro... jeje asi que agora xa estou máis comunicada, non dependo dos horarios do bus (que ainda que se supon que pasa cada 8 mins... non é de todo certo!) e ademais mantéñome en forma!!
xa esta, deixade recadiñoe, comentarios ou saudos... please, que vos boto a todos e todas un montón de menos...
teño ganas de festa rachada!!
bye!
tenshi
11/4/2005

xamón de York...

Ei xente, pois aqui estou, inagurando isto... dende YORK!! é o que pasa cando tes tempo libre, ou máis ben cando non apetece dar un pau a auga... porque cousas que facer teño, outra cousa é que me apeteza facelas. En fin, quen me ia decir a min que acabaría nun sitio coma este!! Claro, lembrome de cando era cativa do típico bocata de xamón de york, que me daba miña nai, ainda que eu o preferia de xamón serrano, eh! isto debe ser porque na casa non se está como en ningures... aqui tamén se está moi ben.
Hoxe é venres e non curro, é o meu día off, o cal está moi ben xa que asi teño sempre finde longo... unha gozada.
Por certo teño que conseguir unha bici... pa ir aos sitios que o bus aqui e super caro, pásanse un güevo.
Mmmmm, que máis? a verdade e que non moito... dende que cheguei pasei bastantes findes en Manchester, de festa con vellos e novos colegas, outro finde con Xabi en London... por certo que volvo a London dentro de un par de fines con Fati a visitar a Ami! vai a ser xenial... ah! e tamén estiven un domingo cando ainda estaba o Xabi aqui nun sitio que se chama Robin Hood's Bay e que me pareceu precioso...e así, pouco a pouco van pasando os dias e as semanas...
Bueno, xa vos irei informando polo mail ou aqui... podedes deixar todo o que querades...
E para aqueles que lles coste o do galego... I'm zorry! pero non é tan dificil!!!
Vémonos!
Bicos.